jueves, 26 de noviembre de 2009

Hoxe estou muy contento, bueno xa me alegrei bastante o xoves dia 19 cando lin no xornal El Progreso, un escrito de D. José Luis Suarez Muñíz, co titulo, EL RIO CENTIÑO , EL GRAN OLVIDADO. No amplio articulo, fai referencia os 19 muiños que chegou a ter en funcionamento, fai referencia a historia do seo entorno desde os Reis Católicos e fai referencia a beleza do val polo que discurre, e non falo máis do articulo pa non estragalo. O único que quero puntualizar pa engadir o escrito do Sr. Suarez Muñiz, e que os 19 muiños que describe, todos eran de propiedade particular, e siguen sendo os que ainda se conservan. Pero hai un, bastante abandonado, que ainda que privado, era de varios propietarios, e cada propietario con distinto numero de acios, xa que algunhos dispoñian de todo un dia a semana po seo uso particular, e outros solo de medio dia, e tamen os habia que non chegaban nin a ter mediodia, que tiñan que compartilo. Este muiño, ou o que queda del, na actualidade e de titularidade publica, por estar enclavado en unha masa comun, resto da concentracion parcelaria de San Martiño e Santa Cilla, refirome o MUIÑO DE LADRIDO. De este Muiño desde que e de titularidade publica , o Concello fixo varias promesas de rehabilitación, e hoxe tiven a agradable sorpresa de ver un grupo de personas desbrozando o manto de silvas e maleza que o tiñan escondido. Espero que a alegría de hoxe non acabe en decepción. Por todo esto empecei dicindo, HOXE ESTOU MUY CONTENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario