viernes, 12 de marzo de 2010

Politica e Futbol

Eu pensaba que a Politica non tiña nada que ver co Futbol, unicamente que os politicos lles gustara velo ou as veces practicalo, sin embargo lin ontes na prensa que os Señores Baltar en Ourense ficharon o millor xogador do equipo do Psoe en Ourense, pa que xogara no equipo de PP tamen en Ourense, como si fora calquera futbolista que pasa do Barsa o Madri, ou viceversa e en calquera que xogue dice que e porque sinte os colores, que xa de pequeno era o equipo dos seos soños, e ningun confesa que e porque lle pagaron mais, claro que no caso da politica ourensana, eu penso que estas cousas non se fan por cartos, aqui solo e amista, ilusion po los proyectos, e sobre todo ganas de traballar por o ben dos conciudadanos de Ourense. Mirade si son iluso, que estou crendo o que escribo.

miércoles, 6 de enero de 2010

VOLVER ATRAS

Estou lendo estes dias na prensa que o goberno Catalan quere dividir o seo territorio en sete veguerias en vez das catro provincias que ten actualmente, tal como parece ser que esteban no Seculo XII, como non entendo de politica non debo opinar, ou precisamente por eso por non entender, e polo que vou facelo, a min pareciame mais loxico que en vez de dividir, unisen, e quedaran solo como unha provincia, pero pareceume entender, no que lein que o problema esta en que naide quere deixar o seo sillon, ou polo menos o que representa ter dereito a sentarse nel, espero que todo quede o final como está, pero si o conseguiran, que non se enteren os veciños de Nois e de Vilaronte, porque por esas fechas, creo que esas duas parroquias do actual Concello de Foz, elas xa eran Concello, QUE NON CUNDA O EXEMPLO.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Arantxa

Todos os traballos esixen un esforzo, e teñen que ter unha compensación, pero a miña opinión e que, non teñen o mismo esforzo nin a misma compensación, un albañil que un cantante famoso, ou un deportista que un agricultor, refirome a compensación economica. No meo entorno familiar, teño fama de intransigente, porque non me caen muy ben que digamos, os cantantes que se marchan a Miami, dicen que por a sua promoción artistica, e despois veñen a Galicia presumindo da terra do seo pai, bueno, no me molesta que veñan a Galicia, o que me fai sudar e que veñan contratados e cobrando das administracios, porque Hacienda somos todos, menos eles. En cuanto a Arantxhita, nunca puiden entender que despois de formarse en España, competir representando a España, o anunciar a sua intención de vivir en Andorra, a seguisen seleccionando pa representar a España, baixo as bandeira de España de donde queria emigrar. Non tiro foguetes polo que lle pasa ahora con Hacienda, pero tampouco o lamento, o unico que aconsello a Hacienda, e que eses 3 e medio millons de Euros, os dediquen a facer polos pobos de España, mini canchas de tenis, haber si ainda que solo sexa unha, poida salir outra Arantxa, como deportista, non como emigrante.

viernes, 4 de diciembre de 2009

PRECIPITEIME

Hontes, precipiteime comentando a intencion do Goberno, de retirar os Crucifijos dos Centros de Enseñanza, porque o noso querido Presidente D. José Luis Rodriguez Zapatero, dixo despois algo asi como que ,eso ahora no toca, si ahora no toca podese deducir que algun dia pode tocar, e como eu non o poido impedir, pedirialle que si algun dia o fai, que procure que non coincida coas Navidades, nin coa Semana Santa porque como dixen ontes E MOITA CONTRADICION

jueves, 3 de diciembre de 2009

VAYA CONTRADICION

Hoxe en todos os informativos, de Radio e T V resaltaban a noticia de que o Partido Socialista, apoiaba a proposocion dun partido catalan de retirar dos colexios e centros publicos, os Crucifijos, e cando facian unha pausa, toda a publicidade resaltaba a sua vez as Navidades, e digo que e unha contradicion, porque pa que haxa un Crucifijo, primeiro tuvo que haber unha Navida, aqui non vale preguntar, quen foi primeiro, se o ovo ou a galiña , e o marxen do que representa realmente a Navida, non se daran conta os infelices que poden quitar da parede o Crucifijo, pero nunca O van a quitar do corazon dos creentes, e como si se lles ocurrise sacar da parede da sua salita ou comedor unha foto dun antepasado seo, por moito que escondan a foto e por moito que reneguen, sempre seran descendientes, a Navida, e o que ven despois, esta moito por encima de todos nos.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Hoxe estou muy contento, bueno xa me alegrei bastante o xoves dia 19 cando lin no xornal El Progreso, un escrito de D. José Luis Suarez Muñíz, co titulo, EL RIO CENTIÑO , EL GRAN OLVIDADO. No amplio articulo, fai referencia os 19 muiños que chegou a ter en funcionamento, fai referencia a historia do seo entorno desde os Reis Católicos e fai referencia a beleza do val polo que discurre, e non falo máis do articulo pa non estragalo. O único que quero puntualizar pa engadir o escrito do Sr. Suarez Muñiz, e que os 19 muiños que describe, todos eran de propiedade particular, e siguen sendo os que ainda se conservan. Pero hai un, bastante abandonado, que ainda que privado, era de varios propietarios, e cada propietario con distinto numero de acios, xa que algunhos dispoñian de todo un dia a semana po seo uso particular, e outros solo de medio dia, e tamen os habia que non chegaban nin a ter mediodia, que tiñan que compartilo. Este muiño, ou o que queda del, na actualidade e de titularidade publica, por estar enclavado en unha masa comun, resto da concentracion parcelaria de San Martiño e Santa Cilla, refirome o MUIÑO DE LADRIDO. De este Muiño desde que e de titularidade publica , o Concello fixo varias promesas de rehabilitación, e hoxe tiven a agradable sorpresa de ver un grupo de personas desbrozando o manto de silvas e maleza que o tiñan escondido. Espero que a alegría de hoxe non acabe en decepción. Por todo esto empecei dicindo, HOXE ESTOU MUY CONTENTO

sábado, 21 de noviembre de 2009

Valle incomparable


Estes oito dias non puiden acceder a este espacio porque estuben de viaxe, disfrutando de unha neta de 6 meses que e unha preciosida, lista e guapa como seo ABUELIN, pero hoxe volvo pa espoñer unha foto, do incomparable valle por donde discurre o MEO CENTIÑO QUERIDO, e desde donde veciños e visitantes podemos oxigenarnos coa brisa sana que desprenden as suas augas, e tamen podemos alimentarnos, coas incomparables troitas que se poden captuar disfrutando de ese deporte de paciencia que e a pesca, claro que pa pescar ai que ter licencia, e non facelo en tempo de veda, ai que ser respetuosos co medio ambiente, e respetar as leis. Si podo maña volvo.